Descubriendo a Cova Berdiñas; interpretación, arte, pasión e ilusión.




" La vida es una obra de teatro que no permite ensayos.
Por eso, canta, ríe, baila, llora y vive intensamente cada momento de ella antes que el telón baje y la obra termine sin aplausos"           ( Charles Chaplin)




Me he preguntado muchas veces y, seguro que alguno de vosotros también , cómo sería este mundo sin las artes, sin creatividad, sin artistas ....

¿ Os imagináis un mundo sin cine, sin teatro, sin actores y actrices? 

Sería un mundo vacío, frío, sin ilusión ni magia.

Espectáculo, diversión, entretenimiento y el mejor medio expresivo-comunicativo de alto impacto.
 El cine es entendido como una de las artes más importantes de la Humanidad y un fenómeno económico con bastante peso en nuestra sociedad. 
Se considera que junto a la armamentista es la industria que más dinero mueve en todo el planeta.
Surge a fines del s. XIX y principios del s. XX . Desde entonces no ha parado de evolucionar y crecer.

Cova Berdiñas, actriz coruñesa, nos adentra en este apasionado arte.

Os adjunto la entrevista para  que tuvo la amabilidad de contestar para MI MUNDO, espero os resulte interesante y os ayude a conocer a una verdadera profesional de este intrigante universo paralelo.







1- Patricia: Fálame un pouco de ti: a tua infancia, estudos, inicios profesionáis .... ¿ Sempre quixeches adicarte á interpretación? 


Cova: Cheguei ó mundo, en A Coruña, un 13 de xaneiro de fai medio siglo, no Materno Infantil. Son de Monte Alto, ainda que meus páis mudaron de barrio cando eu ainda era nena. Mamá, perito mercantil, deixou o seu traballo no consulado de Venezuela, para coidar dos meus dous irmáns, dúas irmás e máis eu. Papá, empregado de banca, polas tardes, levava a contabilidade nunha pequena empresa coruñesa, para sacar un sobresoldo, para manter a toda a prole! Estudei no colexo Eiris, igual que as miñas irmás, os nenos, no Calasanz. Nunca vivimos estreiteces, pero houbo que aprender desde cativos a ser, ordeados, responsables e coidar as cousas que despois, aproveitarían os pequenos. Eu son a terceira dos cinco, lugar pouco privilexiado...para unhas cousas dos maiores, para outras dos pequenos, e case nunca no sitio onde a min me interesaba, jajaja.
Fun inqueda e rebelde desde nena, curiosa e alegre, tamén moi paiasa...moi feliz, e educada nuns valores estrictos pero amorosos.
Ainda que quixen marchar antes para Madrid, a estudar na RESAD, acabei COU e un curso de secretaria de dirección na Academia Juan Florez, na Coruña. E cando rematei, alá polo ano 87, tiven ocasión de entrar a traballar na Dobraxe, e xa nunca marchei a Madrid. Esa foi a miña forma de entrar no mundo da interpretación profesional, iso, co que levaba toda a vida soñando. Durante anos compaxinei o meu traballo como actriz, co rexistro de son, como técnico operadora de cabina.
Polo camiño viñeron, cursos na Escola Dramática Galega, CasaHamlet e diversos cursos de interpretación ante a cámara.
Así foron chegando pequenos papeis en distintas series da época: Galicia Expres, Mareas Vivas. Máis
tarde o meu primeiro papel fixo nunha serie: Delia, en Maridos e Mulleres; e logo Puri, en Padre Casares; esa delicada e doce muller, perruqueira accidental, nai dunha filla maior "invisible", un fillo gay, e a pequena, a nai solteira do pobo, para a súa vergoña. Ainda hoxe en día, Bea Bravo e Touriñán, chámanme mamá, cando nos vemos. Hai cousas que marcan de por vida!! Jajajaja.
Chegaron papeles para cine en títulos como: A Condesa Rebelde, Anos despois, Outro máis, Un conto para Olivia, A Esmorga; outras series como:Era Visto, Dalia a Modista, Urxencia Cero, TAC, La que se avecina.

2- Patricia:¿ Qué ten de positivo ou negativo teu traballo?

    Cova:  Para mín, o máis positivo do meu traballo, é precisamente traballar no que máis me apaixoa no mundo toda a xente ten esa sorte. 
A posibilidade de vivir un lote de vidas diferentes, baixo personalidades diversas, rebuscando no interior dos personaxes, en distintas situacións...é maravilloso! E facer entrar o público, nunha burbulla de soños e reflexións. 
Pero sen esquecer cal é a vida real, que sempre é  a que hai que vivir a tope.
O menos positivo, a intermitencia, a falta de continuidade, as épocas mortas nas que chegas pensar que xa ninguén vai acordar de ti, cando o telefono tarda en soar.
Despois no día a día, hai moitas cousas que poderían mellorar do noso traballo, pero iso pasa en case todolos traballos, e alo menos nós, facemos o que máis nos gusta.

3- Patricia:¿Cáles son teus actores favoritos, algún te impulsou a seguir teu soño? ¿Cál sería un papel favorito para protagonizar? 

  Cova:  Nunca fun moi mitómana, ainda que sempre te fixas en grandes actores/actrices, ós que che gustaría parecerte algún día, no que á altura das súas interpretacións se refire. Habería tantas e tantos que nomear...non sei, cando era nena, gustábame moito Katherine Hepburn e agóra Mery Steep, pero a lista sería longuísima se nomease a todas e todos os que me gustan e inspiran, americanos, italianos,
franceses, arxentinos, españois e por suposto galegos, que os temos, e moi bos.
Gústame interpretar todo tipo de papéis, ata o máis anodino, require dunha introspección e reflexión, dun traballo interno...e darlles verdade, e o que mola...por suposto mulleres históricas, fortes, valentes, cun par, son interantes... 
Na comedia, síntome moi ben...E ainda teño que probar, cunha mala, malísima!! 






4- Patricia:  ¿ Cál é a túa opinión sobre a situación do sector?

    Cova: O sector da cultura en xeral, teatro, cine e audiovisual en particular, están sendo grandemente descoidados desde hace uns cantos anos neste país.
 Moitas son as causas, un IVE desorbitado, a piratería e a falta de investimento nas partidas de Estado... 
 As axudas do Estado para cine e audiovisual en España, son tan só un 10% do que Alemaña inviste, ou do que o fai Francia ou Italia. Unha ridiculez, se temos en conta que se sumamos a tódo-los hispanofalantes, xuntámonos cuns 500 millóns de espectador.
En España, tan só un 8´17% dos actores, poden vivir exclusivamente do seu traballo, imaxinades canto porcentaxe de aí, son actrices? Queda moito que loitar e lograr, a paridade en todalas ocupacións do sector ou entre outras cousas, Un Pacto de Estado pola Cultura.


5- Patricia:¿ Qué interpretación recordas con cariño? ¿ por qué?

    Cova: Intento "namorarme" sempre dos meus personaxes, cos seus defectos e virtudes. Pero tal vez, polo moito tempo compartido, sete anos, Puri de Padre Casares, sempre será especial para mín. Tamén A Tia Esquilacha da Esmorga, que fixo visible o meu traballo, en case todolos rincóns de Galiza e mesmo en Madrid, Barcelona e en Francia, tamén. Rosalía, de Dalia a Modista, polo cambio de rexistro, a trasformación física e por finalmente, facerme merecedora do Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto no 2017. 
Ainda que xa sabedes o que se dí, o mellor...ainda está por chegar!!

6- Patricia: Algunha anécdota ou experiencia divertida  neste tempo...

    CovaSon tántas que é imposible falar dunha sóa. Pero, como curiosidade pódoche contar, que dos castings  ós que fun, con menos nervios e expectativas...sairon os mellores personaxes. Incluso, nalgún casting non fun    seleccionada e despóis apareceu ese papel, que sen sabelo, estaba agardando por mín.









7- Patricia: ¿ Cál é a túa inspiración? ¿ Tés algún ritual ou manía antes de sair a escena?

    Cova: Intento crear personaxes moi reales e cotidiáns. Impremerlles "verdade". Inspírome na xente que coñezo ou xente que observo. Baseo a miña interpretación na empatía. Non son de grandes manías e rituais, pero sí procuro, respirar profundamente, distensionar o corpo, concentrarme. As veces non me é posible, por respeto os compañeiros, pero reláxame moitísimo rir ou cantar, xusto antes de gravar.

8- Patricia:¿ Qué aspectos fan que aceptes formar parte dun proxecto? ¿ Qué sentimentos, actitudes, cualidades .... se che fan más complicados interpretar y cales máis  sinxélos?       
   
    Cova:  Nunca tiven a sorte de ter tantas ofertas de traballo, como para seleccionar e rexeitar un ou outro...pero si teño rexeitado algún traballo, por considerar que estaba excesivamente mal pagado. Non teño un caché de "estrela" precisamente, pero teño por norma, non traballar xamáis por debaixo do convenio, e algunhas veces tiven que dicir con toda a dor do meu corazón, que non, a pesar de non ter traballo nese momento.
Tampouco son sempre os cartos, os que che levan a participar nun proxecto, hai moitas razóns. Teño
traballado de balde por ser simplemente un proxecto interesante, polos compañeiros, polo director...Hai produccións pequenas pero honestas nas que te implicas, fronte a grandes productoras e televisións, que as veces pretenden que traballes por amor ó arte, cando teñen cartos de sobra para pagarte.
 Gústame interpretar todo tipo de rexistros. A comedia é moi complicada de lograr, facer rír e moi
 satisfactorio, pero non sempre é fácil. O drama, precisa de moitísima verdade. Sempre é dificil facer calquera das dúas cousas, ben feitas. Os actores, raramente quedamos completamente satisfeitos...sempre lle daríamos "unha volta máis" a nosa interpretación.







9- Patricia: ¿ Un soño por alcanzar?

    Cova: Chegar a esa continuidade, poder elexir os traballos, compartirlos con actores e actrices ós que admiro e respeto. Compaxinalo algún día co Teatro, que tanto me fai ferver o sangue, e  que se me resiste por falta de ofertas. Non deixar de aprender. Non deixalo nunca!!.


10- Patricia:Proxectos que poidamos saber?

   
 Cova: Dos proxectos non se fala, mentres só son eso...proxectos! jajaja 
Pero podo contar que próximamente están por estrear unha peli e unha serie nas que participei. A película é "La sombra de la Ley", na que teño un papeliño xunto a Luis Tosar, baixo a dirección do meu querido e admirado Dani de la Torre, co selo de Vaca films. A serie, "Oeste, vivir sin permiso", con Alex González e José Coronado, un auténtico pracer. Producción de Mediaset, Alea e Ficción producciones,para Tele 5.

Espero que sexan do gusto dos espectadores, e que pronto cheguen novos traballos!!







Gracias Cova, eres una persona increíble y eso se transmite en tu trabajo.
Te deseo suerte y éxito para este nuevo año.
Un abrazo enorme y seguiremos cada uno de tus pasos.








Moitísimas grazas Patricia Dopazo polo interese mostrado hacia a miña persona e profesión. 
Grazas e ata pronto!

Comentarios

Entradas populares