A Factoria do Lume, cooperativa gallega del picante.

 

Salsa... Mezcla de consistencia líquida, fría o caliente, que tiene como principal objetivo acompañar los platos.

Tienen gran importancia en gastronomía, considerándose una de las primeras habilidades que debe poseer un cocinero.

¿ Qué sería de la gastronomía sin las salsas que acompañan infinidad de platos?

Recuerdo una vez, elaborando la cena, no nos quedó como queríamos y tuvimos que tirarlo a nuestro pesar. Habíamos echo una salsa de acompañamiento y resulto ser la solución mojando en ella unos espárragos a la plancha que habíamos preparado también de acompañamiento.

Una simple salsa nos hizo olvidar un error en la preparación del plato.

Bendita salsa!

Los primeros indicios del empleo de salsas en cocina se encuentran en la época del imperio romano, esta civilización sentía gran pasión por la gastronomía.

En el siglo II aC, el gastrónomo romano Marcus Gavius Apicius, documenta en el libro gastronómico De re coquinaria, la salsa que se empleaba conocida como garum.  Esta salsa se elaboraba con los instestinos de pescado marinados en salmuera y fermentados al sol, aderezados finalmente con especias.

En el siglo XVIII, gracias a la cocina francesa, la salsa empieza un proceso imparable de refinamiento que derivará en preparaciones de salsas mucho más elaboradas y aromáticas.

Gracias a Joaquín ,de A Factoria do Lume, en esta entrevista conocemos todos los secretos de esta preparación.

A  Factoria do Lume nace para cubrir la necesidad de nuestras despensas en la falta de salsas picantes con las que acompañar nuestras preparaciones. 

Joaquín nos habla de ello respondiendo a todas mis preguntas y aquí os adjunto sus respuestas esperando os resulte interesante.



Fala Joaquín, aínda que na nosa Cooperativa somos dúas socias, niña nai Elena (Eli) e mais eu. 

Todo o que falo liuno ela antes e está dacordo.


 ¿Por qué A factoria do lume ?

 Porque sempre nos fascinou o Lume, lembro que de pequeno quedábame horas mirando o lume das fogueiras imaxinándome como sería o futuro…

 Agora surxiu a oportunindade de desenvolver este proxecto, e ó facer salsas picantes, ¿qué mellor nome que A Factoría do Lume? 

O lugar onde nace o lume para despois ser levado ata ás gorxas das xentes mais atrevidas. 

Así temos disponibles: 

 Salsa LUME “Un mollo ardente… …a esencia do propio Lume, ese elemento misterioso que atrapa as conciencias das persoas, e fai fuxir ás bestas mais poderosas. 

Unha salsa feita para intrépidos comedores, adictos en segredo das lapas…” 

Salsa ARREDEMO (antiga Inferno, tivémoslle que cambiar o nome por cuestións de patente) “Un mollo canalla… …camiño ao inferno, ese lugar incandescente que secuestra as almas das persoas mais valerosas, e fai fuxir as ansias de vitoria das bocas mais valentes.

 Unha salsa feita para amantes do picante, xente sen medo a chorar… Absterse as linguas covardes …”





Háblame un poco del proyecto... ¿Cómo y por qué nace, qué significa , qué quiere transmitir, qué ofrece y lo hace diferente?

 A Factoría do Lume é a cooperativa galega do picante. 

Somos a primeira marca especializada en salsas e productos picantes na nosa comunidade. 

A idea xurde coa misión de apostar polo producto galego impulsando o consumo de productos naturais relacionados có mundo do picante.

 O proxecto nace despois de estar varios anos traballando en Inglaterra e en sudamérica como cociñeiro. Nesta etapa traballei e coincidín con cociñeiros/as e culturas de todo o mundo e deume a oportunidade de aprender moito do mundo do picante e as súas distintas aplicacións culinarias.

 Isto, sumado a experiencia gastronómica da niña socia deunos todas as cartas para arrancar un proxecto como este, no que ademáis de facer salsas e productos picantes, un dos nosos targets é fomentar o uso do picante na nosa comunidade.

¿ Qué quere transmitir? Pois que o consumo de picante, ademáis de darlle alegría aos teus pratos é un ingrediente moi saudable e nutritivo. 

Todos os nosos produtos están feitos de maneira artesá e se aditivos nin conservantes artificias. Promovemos una alimentación saudable ante todo. 

Cós retos técnicos que conleva para nós á hora de envasar e demais.

 ¿Qué temos de diferentes? Pois eu creo que un pouco o que comentaba aquí arriba e mais tamén que temos un perfil de empresa moi social, integrador, feminista e en Galego. 

E que estamos un pouco locxs tamén, jeje. 

Non temos moitas barreiras, experimentamos con todo, xa sexa a nivel marketing ou a nivel culinario.





Un referente y dos momentos destacados en este tiempo: unos positivo y otro negativo. 

Referentes na cocina ás miñas avoas e á niña nai por suposto, sempre fomos moi frikis da cociña na familia. 

De pequeno sempre nos gustaba comentar a min e mais a miña avoa Elvira as cousas que facían mal os cociñeiros da tele nos seus programas. 


Un vino… 

non son moi de viño, os bós viños úsoos para cociñar, aínda que sempre teño que escoitar tonterías de que os bós viños é una aberración empregalos para cociñar, cando.. que mais dará, a cuestión é disfrutalos.

 Prefiro una boa cervexa fresca con colegas. 


Un plato...

buf é difícil escoller, teño bastantes pratos preferidos, pero son moi de sopas, de culler, aínda que se tivera que escoller un prato escollería o COCIDO Galego, comido en familia.




 Un sabor...

  O do limón, bótollo a todo, debo ter ascendecia mexicana ou algo, jeje 


Un proceso que te guste en tu trabajo...

O proceso creativo e o que mais me gusta, tanto do deseño de salsas e produtos novos como das campañas de marketing ata o deseño das etiquetas. 


Un lugar...

o mar, sen mar creo que non duraría moito tempo. Reláxame moito saber que está preto e podo ir a escoitar as olas e oler o seu aroma cando queira.


Un restaurante...

 non che poido decir ningún, a ver se despois se me van a celar os demais, jeje. 

Teño moitos, tradicionais e mais fusión. Unha cousa é que teño ido a restaurantes que a nivel gastronómico son fora de serie, pero se o trato é malo, descátoo taxantemente. 


Un cocinero...

 Unha cociñeira mais ben, a niña nai por suposto, sempre innovando, dende pequeno levo probando cousas das que estou seguro que non probaron xente da niña xeración nas súas casas. Sempre me sentín moi afortunado, có que me gusta comer e probar cousas novas... 


Un recuerdo...

Cando probei por primeira vez un pincho nun bar que mesturaba doce e salgado ao mesmo tempo, dátiles con bacón. Flipei, fíxome explosionar a cabeza e abríume o padar a un mundo novo. 


Un olor...

O dunha boa carne facéndose ás brasas. 


Un libro...

 viaxe ao centro da terra, de xulio verne, lino fai moitos anos e fíxome viaxar de verdade. 


Una canción...

 Esta canción sempre me pon de bo rollo, ‘54-46 WAS MY NUMBER’ dos ‘Toots and the Maytals’. 




Una frase que os defina...

 Non hai Lume sen esforzo, non hai esforzo sen Lume, o cambio está nas nosas mans. Grita Lume e non te canses. 


¿Dónde encontraros?

 Na nosa páxina web www.afactoriadolume.es, no noso Instagram @afactoriadolume ou podes atopar os nosos productos en diferentes tendas e locais de hostelería ao longo da comunidade Galega.

 Gustaríame enfatizar que decidimos levar a cabo o noso proxecto 100% en Galego, hai que apostar polo Galego, pola nosa lingua, pola nosa cultura, a xente Galega somos a única que podemos construir o noso futuro.




Comentarios

Entradas populares