Descubriendo ATALANTA... PIEZAS DE ALMA NÓRDICA Y CORAZÓN GALLEGO 100%





" El que trabaja con sus manos es un trabajador manual, el que lo hace con sus manos y su cabeza es un artesano, pero el que trabaja con sus manos, cabeza y corazón es un artista" Lous Nizer


Artesanía refleja tanto el trabajo del artesano, normalmente realizado de forma manual por una persona sin maquinaria o automatizaciones, como también al objeto o producto obtenido en el que cada pieza es DISTINTA A LAS DEMÁS.
Artesanía tuvo un amplio desarrollo en Egipto antiguo. Gran parte de los artesanos trabajaban para el faraón o en los grandes templos.
Artesanía es una actividad material que se diferencia del trabajo en serie o industrial.
Trabajo a mano.
Cultura.
Historia.
Reconocer el valor y el mérito de lo artesano nos humaniza.
Debemos hacer una reflexión sobre este trabajo y sobre el cariño depositado detrás de cada producto y disfrutar de las diferentes expresiones creatvas que ofrecen.
Vivimos en un sistema alimentado de palabras como " prisa", " rápido", " tiempo"...
"USAR, TIRAR, VOLVER A COMPRAR"
Fuera de la lógica competitiva imperante, la producción y consumo arteano nos hace auténticos.
Vale la pena , marca un futuro mucho más tentador y lleno de posibilidades fomentadas en RESPETO, VALOR , IDENTIDAD, SOSTENIBILIDAD,  IMPACTO POSITIVO SOCIAL Y ECONÓMICO Y PRESERVACIÓN CULTURAL.






Chámome Isabel Neira, nacín no 1976 e logo de licenciarme en Química (carreira vocacional que disfrutei plenamente) tomei a decisión de voltar ás miñas raíces e aprender, da man do meu pai, un oficio con máis de 100 anos de historia na miña familia: o oficio de torneiro de madeira.
Na actualidade son a única muller que está a exercer o oficio de xeito profesional co taller rexistrado dentro da marca Artesanía de Galicia.


Patricia - ¿ Por qué ATALANTA?

 Isabel - Nos meus comezos como aprendiz o taller centraba a súa actividade na fabricación a medida de pezas para fábricas de mobles, carpintarías, restauradores ou ebanistas (balaústres, patas de mesas, de sillas de camas.. tiradores...) e no deseño, producción e comercialización de iluminación de pequeno moble auxiliar en madeira baixo a nosa propia marca comercial: Atalanta Madera Artesana.

Á morte do meu pai no 2006 a miña irmá Ana (creadora da marca Atalanta) e máis eu decidimos manter a actividade.
A crise do 2008 reduciu de xeito drástico a nosa producción tanto na liña de iluminación en madeira coma no traballo para terceiros e obrigounos a reinventarnos.

Coñecedora do potencial da madeira  coma materia prima, namorada do oficio da tornería e da cociña en tódalas súas vertentes, apostei por retomar unha antiga liña de traballo no taller: o menaxe de calidade en madeira.

Propúxenme redeseñar objetos de uso cotiá en madeira con 3 obxetivos:

* Visibilizar un oficio que esmorecía por falta de coñecemento e demanda das pezas que se estaban a realizar.

* Potenciar o uso da madeira como recurso renovable e de proximidade.

* Crear pezas de calidade, con deseños sinxelos, útiles, fermosos e acabados moi coidados.





Patricia - ¿ Qué caracteriza tu trabajo?

 Isabel - Admiro o estilo de vida e a filosofía nórdica no coidado do Medio Ambiente, no  respeto polo traballo artesán, no deseño das súas vilas, e tamén na búsqueda da beleza nas accións cotiás. Tento que as miñas pezas teñan alma nórdica e corazón galego 100%.

A primeira peza  que deseñei nesta nova andaina do taller foi un crebanoces que dende o 2018  está a venda na Tate Edit de Londres(a tenda do Tate Modern), escollido como exemplo de deseño comtemporáneo.

Esta primeira peza doume moitas alegrías. 
Para os clientes resulta unha peza fermosa e útil ó tempo que se estranan porque non tivese existido antes eso deseño.
O seguinte artigo que redeseñamos foron os pratos. 
No proceso de deseño queriamos conseguir pezas pensadas para a degustación onde se resalte o producto contido e onde a madeira funcione coma un lenzo, non coma algo tosco e rústico. Así usamos madeiras de bidueiro e faia reducindo os grosores dos pratos ata o límite e eliminando os bordes. Deste xeito conseguimos unha sensación de lixeireza pouco habitual nos obxetos de madeira. 
Para facilitar o uso e a limpeza os pratos van rematados cun  producto transparente (certificado para o seu contacto con alimentos) que permite incluso que os pratos vaian o lavavaixelas .




Tamén os pintamos con cores traslúcidas (laranxa, berenxena, azul...) que permiten apreciar as vetas da madeira e darlle un toque desenfadado ás mesas.
Quixen aprender o oficio de torneira  como un acto romántico, para que non se perdera un saber que levaba na nosa casa polo menos 6 xeracións. O feito de que fose un oficio ata ese momento masculino non me supuxo ningún impedimento a nivel persoal xa que dende sempre tiven claro que as miñas capacidades non estaban limitadas polo meu xénero (o feito de ser muller en tódolos meus traballos foi un dato máis coma o de ser morena ou ter os ollos verdes).

Cando quedei soa no taller, sen o respaldo do meu pai, os primeiros clientes que viñeron  ó taller pensaban que tiña "un torneiro escondido no almacén" . Esa dúbida desaparecía cando viñan recoller o traballo.

Os clientes antigos do taller animáronme moito a seguir co oficio e sorprendéronse moito coa nova liña de traballo cara ó  redeseño de obxetos cotiáns xa que descoñecín o potencial do torneado nese campo.




Son moi perfeccionista  e vexo antes os defectos que as virtudes nos novos proxectos  pero neses momentos de dúbidas, o alento dos meus sempre é a chave. 

O feito de que o crebanoces chegase a Londres ou de que os meus pratos de madeira formen parte do menaxe de lugares como Casa Solla, O Eirado, O Balado de Marta e Roberto ou o Culuca Cocina Bar faime sentir moi orgullosa.


Patricia- ¿ Qué te define?

 Isabel - Encántanme os retos!. Cando un cliente chama preguntando qué solucións lle podo dar para un problema concreto ou  pedindo asesoramento salta a investigadora que levo dentro!!, jaja.
Realmente decateime de que emprego o método científico para o meu proceso creativo aínda que isto pode parecer un contrasentido:

Parto sempre dun problema a solucionar  ou dunha necesidade (como pode ser o caso das palliñas en madeira de sabugueiro) e dende ese punto tento atoparlle a solución paso a paso:

* Deseñando
* Escollendo a madeira que mellor se adapte ó proxecto (preferiblemente de proximidade)
* Buscando o acabado máis axeitado (barniz alimentario, aceite, completamente en cru...)
* Preparando o packaging (no caso de ser pezas do catálogo de Atalanta).




Patricia - ¿ Cómo es tu proceso creativo?

 Isabel- A inspiración aparece en calquera parte, pero a min as solucións ós diferentes problemas técnicos do torneado, case sempre me atopan coa cabeza debaixo da ducha (creo que vou ter que consultar!).

Patricia- Anécdotas en este tiempo.

 Isabel - Cando Atalanta Madera se adicaba á fabricación de lámparas, a miña irmá  conta que, cando lle presentaba un deseño novo ó meu pai, éste case sempre le contestaba con un "esto non se pode facer!". Se o seguinte que facía o meu pai era coller o deseño e gardalo no peto ela sabía que  pronto aparecería con el feito en madeira. Se pola contra o deixaba na oficina, tiña que darlle unha volta ó deseño porque tiña algún erro que se lle pasara por alto.
Eu non me parezo no carácter ó meu pai, pero cando Ana me fai algunha proposta de deseño nova case sempre escoita "eso non se pode facer!" ó tempo que levo o debuxo canda min no peto e rimos.




Olor: O da viruta de bidueiro ou calquera outra madeira saíndo do torno.

Sabor: o das claudias recén collidas da árbore.

Textura:a do liño tecido en tear.

Libro: "As aventuras de Alberte Quiñoi"  Manuel García Barros, "Ken Keirades".

Un lugar: un sitio alto dende onde se poida ver o mar aberto.

Unha lembranza: as historias de torneiros que contaba o meu avó Manuel nas noites de inverno.

Tres palabras.: Perseverancia, honestidade, beleza.



Patricia- ¿ Qué aporta la arteanía a nivel social?

 Isabel - Creo que á artesanía aínda lle falta recoñecemento por parte da sociedade en xeral xa que en moitas ocasións confúndese coas manualidades ou con pezas feitas de xeito tosco.
A artesanía permiter manter viva a identidade dun pobo xa que está cimentada nos saberes e nos oficios que dende antigo nos permitiron relacionarnos e avanzar. É responsabilidade nosa valorala,  mantela e darlle  novos pulos nos usos, nos materiais....para que todo este saber non se perda e permita que se poidar vivir dela.




Patricia - Objetivos y proyectos que puedas contar...

 Isabel - O último que incorporamos ó noso catálogo de productos foron as pallas de sabugueiro onde levamos a nosa filosofía ó extremo.
O sabugueiro empregouse dende sempre na nosa cultura coma pranta medicinal e tamén para facer subiotes. 
Partindo deste uso lúdico do sabugueiro, estamos a fabricar pallas de sabugueiro reutilizables, ecolóxicas, sostibles e 100% galegas. Deste xeito dámoslle un novo uso á madeira de sabugueiro convertíndoa nunha  alternativa ó plástico, papel ou bambú cunha pegada ecolóxica moito máis elevada.




Na actualidade estamos a traballar en proxectos de xoguetes para nenos e tamén en solucións en madeira para a cosmética sólida.

Sempre cun  mesmo obxetivo: consolidar a madeira como alternativa a outros materiais coma o plástico, o vidro  ou o aceiro e amosar a versatilidade do oficio da tornería  na nosa vida diaria.




Patricia - Últimas palabras.

 Isabel - Tendes unha fiestra aberta ó noso traballo na web: www.atalantamadera.com, no FB e no Instagram como @Atalanta Madera 
Vendemos directamente no noso taller (onde tamén podedes coñecer os segredos do oficio) , na nosa tenda en liña de Etsy @Atalanta Madera  e tamén en tendas escollidas coma Boles e Merlín e familia (Santiago de Compostela) ou Cocool (Madrid).


La naturaleza especial de los productos artesanales se basa en sus características distintivas que pueden ser utilitarias, estéticas, artísticas, creativa, culturales, decorativas, funcionales, tradicionales, simbólicas...

Apoyando la artesanía  apoyas un modelo de economía sostenible, la cultura y tradiciones.
La esencia del producto y su originalidad.  No hay dos artesanos que hagan exactamente lo mismo ni que sus obras sean exactamente iguales.
Un proceso de fabricación manual tiene características implícitas como es la calidad del resultado.
La comunicación es directa y los procesos suelen ser respetuosos con el medio ambiente.
Apoyando la artesanía apoyas el comercio justo y el cambio.
El arte, la cultura y la tradición.
Apoyando la artesanía te apoyas a ti, a ellos y a todos.













Comentarios

Entradas populares